Un autogol de Carmona acaba coas ilusións do Ourense
Un autogol de Carmona acaba coas ilusións do Ourense
O Valencia gañou no Couto por 0-2 e pasa a cuartos de final
Sadiq sentenciou no treito final do partido
O Ourense Club de Fútbol quedou eliminado da Copa do Rei nos oitavos de final diante dun Valencia que tirou proveito dun autogol de Fran Carmona ao comezo da segunda parte. Sadiq acabou sentenciando a dez minutos do final.
O Valencia levou a iniciativa no primeiro tempo pero foi o Ourense o que primeiro buscou o gol cun lanzamento de Jairo. No equipo visitante era Sadiq o que levaba o perigo en ataque. Avisou cun remate de cabeza cando estaba completamente libre de marcaxe. E contra o final do primeiro tempo obrigou a intervir ao Pato Guillén. Polo medio Jairo volvera a tentalo e o porteiro ouresán estivera moi sólido resolvendo todos os problemas.
O comezo da segunda metade deixounos a xogada que decidiu o partido. Un autogol desafortunado de Fran Carmona no 50 deulle a tranquilidade que precisaba o Valencia.
Los goles siempre tienen dos caras.
— RFEF (@rfef) January 14, 2025
🆚 @Ourense_CF | 0-1 | @valenciacf | 55’
📺 @MovistarFutbol
ℹ️ Minuto a minuto: https://t.co/CAQw8fCr6Y#LaCopaMola🏆 | #CopaDelReyMAPFRE pic.twitter.com/TZKq92dOUJ
O Ourense viuse na obriga de arriscar e outra vez Sadiq estivo moi preto do gol cunha vaselina que se estrelou no traveseiro. Tamén no poste acabou a mellor ocasión do Ourense protagonizada por Ángel Sánchez, o heroe das eliminatorias contra o Deportivo e o Valladolid. Quedaban vinte minutos para o final e o capitán Jerín volveuno intentar cun disparo desde a frontal nos que eran os mellores minutos do conxunto galego.
Pero no minuto 79 Sadiq sentenciou a eliminatoria. Estivera moi preto ao longo de todo o partido e acabou marcando o primeiro gol coa camisola valencianista.