Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alfon padece unha rotura muscular e estará tres semanas de baixa

Alfon padece unha rotura muscular e estará tres semanas de baixa

O dianteiro do Celta sofre unha rotura muscular 

Marcos Alonso padece unha escordadura de nocello e ten complicado estar no Bernabeu

G24.gal 14/01/2025 15:14

O Celta non poderá contar con Alfon para as vindeiras tres semanas. O dianteiro celeste sofre unha rotura muscular de Grao I no semimembranoso dereito co non volverá a xogar ata o mes de febreiro. A lesión contra o Raio Vallecano chega no peor momento porque Alfon gañara un sitio no equipo titular despois dos dous goles marcados na eliminatoria de Copa diante do Rácing de Santander. 

Tamén está mancado Marcos Alonso, aínda que a súa lesión é de menor gravidade. O defensa zurdo tivo unha escordadura de nocello no partido contra o Raio e fará un traballo individual de recuperación. A súa presenza no partido do Bernabeu é moi dubidosa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade