Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sabalenka ten que sacar o mellor do seu tenis para derrotar a Jessica Bouzas

Sabalenka ten que sacar o mellor do seu tenis para derrotar a Jessica Bouzas

A vilagarciá mandaba no segundo set por 5-2, pero perdeu cinco xogos consecutivos

G24.gal 15/01/2025 06:58

A número un do mundo e última campioa do Aberto de Australia, a belarusa Aryna Sabalenka, contivo o levantamento da vilagarciá Jessica Bouzas no segundo set e tirou de contundencia para pechar a vitoria en dúas fases por 6-3 e 7-5 e pasar á terceira rolda do primeiro Grand Slam da temporada. 

A galega realizou un gran tenis e tivo o segundo parcial na súa man logo de situarse cun 5-2. Sabalenka freou a Bouzas gañando cinco xogos de xeito consecutivo e selou a vitoria nunha hora e 36 minutos. 

Jessica Bouzas acusou a presión no intre máis importante do partido pero vaise de Australia con boas sensacións. Aos seus 22 anos debutaba no cadro principal dun dos catro grandes, o quinto que goza na súa carreira. 

Alcaraz pasa por riba de Nishioka

Moito máis rápido foi o partido de Carlos Alcaraz, e iso que tivo que xogar tres sets. En 81 minutos xa eliminara a Nishioka, ao que só lle permitiu facer un xogo nas dúas primeiras fases (6-0, 6-1, 6-4). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade