Indignación no celtismo pola actuación do colexiado: "Dá que pensar"
Indignación no celtismo pola actuación do colexiado: "Dá que pensar"
Indignación era a palabra que resumía o sentimento celeste. A actuación de Martínez Munuera non deixou a ninguén indiferente. Sobre todo pola xogada do 1-0, que vén precedida dun penalti a Williot Swedberg. Pero non foi a única decisiva do partido. Houbo unha xogada en que puido expulsar a Endrick, decisivo no encontro con dous goles, outro posible penalti de Rudiger, que non considerou por un fóra de xogo anterior moi polémico, ou o segundo cartón amarelo a Valverde que tamén puido ver o camiño dos vestiarios antes de tempo.
🗣️ Claudio, sobre as decisións arbitrais do @realmadrid @RCCelta
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) January 16, 2025
🎙️ "É unha acción decisiva. Vou intentar non falar dos árbitros"
🎙️ "Teño que formarme sobre o funcionamento do VAR porque non acabo de entendelo" pic.twitter.com/jRw1YnKzO6
Ancelotti non se quixo mollar sobre a xogada. Limitouse a dicir que non tiña televisión no banco e non puido ver a xogada.
Ancelotti sobre a xogada de Williot no @realmadrid @RCCelta
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) January 17, 2025
🎙️ "Non vin a xogada"
🎙️ "Pode ser penalti, non o sei"
🎙️ "Tiveron que tomar unha decisión e tomárona. Non sei se era correcta" pic.twitter.com/c2iFlXGe1k