A Xunta destinará 10 millóns para "afianzar" Galicia como destino termal
A Xunta destinará 10 millóns para "afianzar" Galicia como destino termal
O presidente da Xunta presentou en Ourense o Plan de Turismo Termal para os próximos catro anos
A Xunta vai investir máis de 10 millóns de euros para "afianzar" Galicia como referente internacional en termalismo. O xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, presentou este venres en Ourense o Plan de Turismo Termal para os próximos catro anos.
Esta folla de ruta inclúe 26 medidas para mellorar e crear balnearios, ofrecer novos produtos ou impulsar a investigación das nosas augas mineromedicinais. Unha das iniciativas que inclúe o plan é combinar o Camiño de Santiago coa oferta termal de Galicia, que concentra o 20% dos balnearios de España.
O obxectivo deste plan é potenciar Galicia como referente internacional no turismo termal. O presidente da Xunta ve neste sector unha peza clave para descentralizar e desestacionalizar a chegada de visitantes á comunidade.
"Toda a xente que pode viaxar todo o ano ten no termalismo unha oportunidade. E hai que explotar tamén a súa parte sanitaria. O termalismo sanda, o termalismo cura", afirmou Alfonso Rueda.