Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma agárrase á estrea de Heurtel para volver á senda da vitoria

O Leyma agárrase á estrea de Heurtel para volver á senda da vitoria

Este sábado xogan no Coliseum diante do UCAM Murcia agardando saír do último posto

G24.gal 17/01/2025 18:33

O Leyma Coruña abre a xornada do sábado na ACB co partido diante do UCAM Murcia. Unha proba de lume para un equipo que encadea cinco derrotas seguidas e que a vindeira xornada visitará a pista do Real Madrid. Trátase, pois, dun partido crucial nas aspiracións de permanencia contra o último subcampión da competición, pero que este ano está a render a un nivel máis discreto (7 vitorias e 9 derrotas). 

A estrea de Heurtel será o principal reclamo para unha afección desexosa de celebrar vitorias do seu equipo. O francés será o director de xogo a carón de Brandon Taylor, o mellor xogador do equipo ata o de agora. O estadounidense, que non agardaba estar tan abaixo na táboa, recoñeceu que "é importante que sigamos crendo en nós. É o noso primeiro ano en ACB, a mellor liga lonxe da NBA e temos que traballar duro para manternos".  

Taylor, mellor xogador do mes de decembro, está "ansioso" por compartir pista con Heurtel e agarda que a unión das súas forzas traia o cambio de tendencia do equipo laranxa. Taylor promedia 13 puntos, 7,4 asistencias e 2,2 rebotes por partido nesta campaña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar