Epi pide calma con Heurtel: "Non é Superman, el só non vai cambiar a dinámica do equipo"
Epi pide calma con Heurtel: "Non é Superman, el só non vai cambiar a dinámica do equipo"
O sábado, diante do UCAM Murcia, debutará diante dos seus novos afeccionados
Diego Epifanio contará con Thomas Heurtel para xogar o partido deste sábado (18:00 horas) diante do UCAM Murcia. O base francés comezou a adestrar cos seus novos compañeiros preparando un partido no que intentarán rachar a serie negativa de resultados que trae o conxunto coruñés. Son cinco derrotas consecutivas e un último posto da ACB.
"Non é Superman" recoñeceu Epi. "Heurtel só non vai cambiar a dinámica do equipo", deste xeito tenta parar a euforia coa fichaxe dun xogador de nivel Euroliga. "Achegará a mellor toma de decisións, o control de balón" valorando a experiencia que ten Thomas Heurtel en alta competición e a tranquilidade que lle pode dar ao equipo nos momentos quentes de partido.