Os equipos de Primeira cumpren para meterse nos cuartos da Copa
Os equipos de Primeira cumpren para meterse nos cuartos da Copa
O Barcelona e o Atlético de Madrid golearon a Betis (5-1) e Elxe (0-4)
O Leganés remontou contra o final e eliminou ao Almería
Os outros tres equipos de Primeira que xogaron este mércores metéronse nos cuartos de final de Copa.
Nun duelo da máxima categoría, o Barcelona pasoulle por riba a un descoñecido Betis. Coa inercia da vitoria na Supercopa, o Barça foi un rolo que gañaba ao descanso por 2-0 (Gavi e Koundé) e sentenciou ao comezo da segunda metade cos goles de Raphinha e Ferran. Lamine Yamal puxo o quinto e Vitor Roque só maquillou o resultado nos intres finais.
O Atlético tamén goleou no campo do Elxe (0-4) grazas a un dobrete de Sorloth no primeiro tempo. Na segunda metade e con todo a favor, Riquelme e Julián Álvarez mantiveron a xeira positiva dos de Simeone.
A eliminatoria máis igualada foi a que enfrontou a Almería e Leganés (2-3). Altimira adiantou o equipo madrileño, pero Luis Suárez e Lázaro Vinicius remontaron para o líder da Segunda División. Acariñaba o pase o conxunto local pero no último cuarto de hora Miguel de la Fuente e Diego García déronlle a clasificación ao Leganés.