"Máis vixilancia policial": o chamamento unánime de veciños e comerciantes de Curtis
"Máis vixilancia policial": o chamamento unánime de veciños e comerciantes de Curtis
Aseguran que os delincuentes están identificados e que son sempre os mesmos
Entre o botín e os danos suman máis de 1.500 euros
Un soto e unha caseta de obras foron os últimos obxectivos dos delincuentes que na noite do venres entraron e levaron material de ambos. Entre o botín e os danos suman máis de 1.500 euros, pero o que máis indigna aos comerciantes de Curtis é a impunidade coa que actúan os ladróns.
A farmacia, un restaurante, unha peixería e unha tenda de subministracións tamén foron vítimas de roubos recentemente. Aseguran que os delincuentes están identificados e que son sempre os mesmos. A sensación de inseguridade, indefensión e impotencia medra entre veciños e comerciantes.
Para frear esta vaga de delincuencia fan un chamamento unánime. A asociación de comerciantes e hostaleiros reuniuse este domingo para acordar medidas. Están recollendo sinaturas para pedir máis vixilancia policial.