Publicador de contidos
Publicador de contidos

Donald Trump inicia a guerra comercial coa imposición de aranceis

Donald Trump inicia a guerra comercial coa imposición de aranceis

A Casa Branca anunciou para este sábado aranceis do 25 % ás importacións desde México e o Canadá, e gravames do 10 % á China

O presidente dos Estados Unidos ten aínda que asinar a suba de tarifas anunciadas e detallalas

Trump declarou que tamén está disposto a penalizar os países da Unión Europea

G24.gal 01/02/2025 21:00 Última actualización 01/02/2025 21:14

Donald Trump inicia a guerra comercial coa imposición de aranceis, pero o momento é de espera e de incerteza porque Trump aínda ten que asinar a suba de tarifas anunciadas e detallalas.

O máis probable é que os aranceis se impoñan mediante una orde executiva. E mentres, as mercadorías seguen circulando libremente polas fronteiras estadounidenses.

A Casa Branca aseguraba este vernes que os Estados Unidos aplicarían xa desde este sábado aranceis do 25 % ás importacións desde México e o Canadá, e gravames do 10 % á China. Anunciábao a súa portavoz, Karoline Leavitt, na conferencia de prensa diaria que desenvolve na Casa Branca.

A medida forma parte dun intento de presionar estes países para reducir o tráfico de fentanilo cara aos Estados Unidos e frear a chegada de migrantes.

Trump engadiu que, a partir do 18 de febreiro, imporá aranceis ao petróleo e o gas que México e o Canadá exportan aos Estados Unidos.

As ameazas de Trump avivan unha vaga de nacionalismo no Canadá e o mercado prognostica que unha tarifa do 25 % ás importacións colocaría a México ás portas dunha recesión.

Pola súa banda, o Goberno chinés di que defenderá os seus "intereses nacionais" e asegura que as barreiras comerciais prexudican as dúas superpotencias e o resto do mundo. 

Penalizar a UE

O presidente dos Estados Unidos declarou que tamén está disposto a penalizar os países da Unión Europea.

A imposición de aranceis a varios dos seus principais socios comerciais é un paso cara a unha vaga de medidas recíprocas que desataría unha era de guerras comerciais con alcance global.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade