Publicador de contidos
Publicador de contidos

As primeiras prohibicións da lei europea de IA entran en vigor este domingo

As primeiras prohibicións da lei europea de IA entran en vigor este domingo

As empresas enfróntanse a mutas de ata 35 millóns, ou un 7% da cifra anual de negocio, se incumpren o Regulamento europeo de intelilxencia artificial

Estas prohibicións incumben a todas as empresas

Irase aplicando paulatinamente ata 2 de febreiro de 2027, cando xa estará en vigor na súa totalidade

 

G24.gal 01/02/2025 09:38 Última actualización 01/02/2025 12:51

O regulamento europeo sobre intelixencia artificial (IA) ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento e a implantación responsable desta ferramenta. O regulamento europeo entrou en vigor o 1 de agosto na UE, pero será este domingo cando se inicie a aplicación das primeiras prohibicións; son prohibicións a determinadas prácticas, que a norma de Europa cualifica como de "risco inaceptable" para os dereitos fundamentais.

Prohibicións que entran en vigor o 2 de febreiro

A lei europea de IA prohibe o seu uso para recoñecer emocións nos postos de traballo e o da biometría para categorizar persoas. Así, non se permitirá o uso de dispositivos ou aplicacións de IA que usen técnicas subliminares dirixidas a influír no comportamento de persoas, que se aproveiten das vulnerabilidades, que sirvan para categorizar individuos ou para identificalos a través da biometría, entre outros.

Estas prohibicións incumben a todas as empresas, pero non a todas por igual. Nesta primeira fase, as do sector de seguridade e analítica, de recursos humanos ou entidades deportivas serán as máis afectadas, explica o presidente da comisión sobre IA da patronal da industria tecnolóxica Ametic, Enrique Serrano.

Por exemplo, non se poderá usar a IA para coñecer se un traballador "está motivado no traballo", saliente Serrano

Este domingo entra en vigor o Capítulo I da lei, disposicións xerais, e o capítulo II ,prácticas prohibidas.

O resto de preceptos irán sendo de aplicación en varias fases ata chegar ao 2 de febreiro de 2027, cando xa estará en vigor na súa totalidade.

En apenas dous anos, calquera tipo de IA de uso laboral deberá ser "explicable, transparente, controlada por humano e deberá superar auditorias de riscos e de calidade".

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos