O golpe chinés, por Venancio Salcines
OPINIÓN
O golpe chinés, por Venancio Salcines
Trump arrancou a súa presidencia cunha morea de iniciativas, entre elas, unha ofensiva para liderar a intelixencia artificial. O Proxecto Stargate, onde iría esta ofensiva, estaba deseñado para ser unha industria tractora. Cincocentos mil millóns de dólares, miles de profesionais tecnolóxicos e centos de centros de datos. Cada un deles consumindo o mesmo que unha cidade de oitenta mil habitantes. Os sectores implicados eran tecnolóxicas, construtoras, eléctricas. Toda unha pirámide económica chamada a levar aos Estados Unidos á vangarda absoluta en tecnoloxía.
Hoxe, unha pequena empresa chinesa, acostumada a traballar con todas as dificultades impostas pola administración Biden, ten mostrado que se pode facer o mesmo con moitísimos menos recursos. Nunhas horas a vangarda tecnolóxica americana quedou obsoleta. O máis importante é que a intelixencia americana está descolocada, vese ineficiente, pero non sabe como chegou ata aí e o que é peor non sabe como abandonar ese espazo de obsolescencia. Están sorprendidos, tanto como o mundo.