Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña implantará unha taxa turística de ata 2,5 euros por persoa e noite

A Coruña implantará unha taxa turística de ata 2,5 euros por persoa e noite

Contan ingresar dous millóns e medio de euros por este concepto no 2025

G24.gal 29/01/2025 16:34 Última actualización 29/01/2025 16:46

O Concello da Coruña prevé implantar unha taxa turística, que sería de entre 1 euro e un máximo de 2,5 euros por persoa e pernoita.

O voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, confirmou que se están realizando os trámites necesarios para aprobar esta taxa.

"Buscamos un equilibrio entre o turismo e a corresponsabilidade", apuntou Lage, quen explicou que a cidade ten cada vez maior ocupación hoteleira, máis cruceiros e máis turismo.

O modelo é igual que o de Barcelona, onde a taxa é de 4 euros, pero os plans da Coruña son establecer "unha taxa que no seu tramo máis alto poderá chegar aos 2,5 euros por persoa".

Esta cantidade, defendeu, "non vai disuadir ningún visitante, pero vai contribuír a dotar de fondos ao Concello para mellorar os servizos".

Avanzou que nos orzamentos de 2025, que se presentarán nos próximos días, xa se contempla unha previsión de 2,5 millóns de euros.

Establecerase un período de consultas de 20 días para despois someter a ordenanza ao pleno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar