Publicador de contidos
Publicador de contidos

Joseph Aidoo, cedido ata final de temporada ao Real Valladolid

Joseph Aidoo, cedido ata final de temporada ao Real Valladolid

O central do Celta non gozaba de minutos despois de superar unha grave lesión

G24.gal 30/01/2025 11:21 Última actualización 30/01/2025 11:26

O xogador ghanés Joseph Aidoo, internacional co seu país, incorpórase ao Real Valladolid no tramo final do mercado invernal, tras o acordo alcanzado co R. C. Celta para a cesión dos seus dereitos federativos ata final de tempada.

Segundo confirmou o club branquivioleta nun comunicado, Joseph Aidoo chega para reforzar a defensa do equipo, tras a inesperada saída de Juma Bah.

Aidoo chegou a Europa desde o Inter Allies ghanés no ano 2015, cando fichou polo Hammarby, da Primeira División de Suecia. Na campaña 2017/18 asinou polo KRC Genk belga e na 2019/20 fíxoo polo R. C. Celta, no que tivo moito protagonismo nos primeiros anos.

Ademais responde ao perfil de xogador que se buscaba no Real Valladolid nesta xanela de fichaxes, xa que é un xogador con experiencia en LaLiga EA Sports, tras disputar 131 partidos nela, nos que marcou tres goles.

Desta maneira, o central tratará de achegar o seu coñecemento da categoría para sumar desde a liña defensiva e contribuír a lograr o obxectivo da permanencia.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade