Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta-Osasuna será o último partido coa actual bancada de Gol de Balaídos

O Celta-Osasuna será o último partido coa actual bancada de Gol de Balaídos

A bancada de Gol será demolida para levantar no seu lugar unha nova bancada idéntica ao Novo Marcador, con capacidade para 6.400 espectadores

G24.gal 29/01/2025 17:03 Última actualización 29/01/2025 17:10

O R. C. Celta informou este mércores de que o partido contra o Osasuna, previsto para o venres 21 de febreiro, será o último no que abrirá a bancada de Gol de Balaídos, a que falta por derrubar para completar a reforma integral do estadio municipal.

“Ese día vivirase un momento único e inesquecible. A bancada de Gol é o último sitio do antigo Balaídos, un lugar onde familias, amigos e xeracións enteiras viviron emocións indescritibles. Aquí celebráronse goles que quedarán para sempre na memoria, e forxouse o amor eterno polas cores celestes para moitos dos nosos abonados”, destaca a entidade galega.

O Celta tamén sinala que a partir do luns 24 de febreiro e ata o luns 3 de marzo comezará a contactar cos coordinadores dos grupos ou co abonado de forma individual para proceder á súa recolocación noutra bancada do estadio.

Este contacto, puntualiza o club vigués no seu comunicado, seguirá unha orde estrita de antigüidade media do grupo ou única se a inscrición foi individual.

A actual bancada de Gol será demolida para levantar no seu lugar unha nova bancada idéntica ao Novo Marcador, con capacidade para 6.400 espectadores.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade