Transportes espera ter listo en verán o estudo informativo da liña ferroviaria Vigo-Porto
Transportes espera ter listo en verán o estudo informativo da liña ferroviaria Vigo-Porto
O Goberno di que a conexión ferroviaria entre ambas as cidades irá ao compás con Portugal
A Xunta de Galicia reclama concreción nas obras e prazos incluídas no Corredor Atlántico
O Ministerio de Transportes espera sacar este verán o estudo informativo da saídea sur ferroviaria de Vigo, unha peza chave para avanzar na liña de alta velocidade co Porto. A conexión entre estas dúas cidades é unha das máis demandadas polos empresarios.
Goberno asegura que se están a cumprir os prazos marcados para que o teito que corresponde a Galicia poida estar operativo no 2030. Detallouno este mércores o secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano, nun acto sobre o Corredor Atlántico celebrado no pazo de Mariñán, en Bergondo (A Coruña).
"As noticias que temos están moi aliñadas co que está a facer Portugal", afirmou Santano ao tempo que anunciou tamén que se publicará nos vindeiros meses o estudo do tramo O Porriño-Tui.
Así e todo, sobre a situación doutros tramos ferroviarios como o da Coruña-Betanzos-Ferrol e os problemas na circulación, dixo que "as cousas levan o seu tempo" e apuntou que se realizaron investimentos na liña de Monforte de Lemos e avanzouse no proxecto do bypass de Betanzos.
Pola súa parte, a Xunta de Galicia pídelle ao Goberno concreción nas obras e nos prazos.
"Pedimos que nos traslade o plan director. Que se poña en marcha o grupo de traballo comprometido e que forme parte a Xunta porque non ten sentido que non estea. E, en terceiro lugar, ter unha persoa de contacto en Renfe, dadas as incidencias que se acumulan no día a día", reclama o Conselleiro de Presidencia Diego Calvo.