Cargando resultados...
O PP de Galicia insta o Goberno a que priorice o Corredor Atlántico de Mercadorías
O PP de Galicia insta o Goberno a que priorice o Corredor Atlántico de Mercadorías
Os populares queren que a infraestrutura se inclúa entre os proxectos que optan a financiamento europeo
G24.gal
12/08/2024 14:43
O Partido Popular de Galicia insta o Goberno central a que priorice o Corredor Atlántico de Mercadorías. Queren que se inclúa entre os proxectos que optan a financiamento europeo e que se cumpra así cunha demanda estratéxica para o noroeste peninsular.
Julio García Comesaña, viceportavoz do PP no Parlamento de Galicia, asegurou en conferencia de prensa que, no seu partido, están "fartos dese desprezo a unha rede prioritaria para a UE e para todo o noroeste peninsular" e que insisten "a ver se a base de ser pesados nos fan caso".