Publicador de contidos
Publicador de contidos

Restablecido o tráfico ferroviario entre Vigo-Guixar e Porto tras o incendio nun túnel

Restablecido o tráfico ferroviario entre Vigo-Guixar e Porto tras o incendio nun túnel

O incendio afectoulle ao teito e ás paredes do túnel e quedou extinguido na noite do sábado

Segundo informou Adif, o incendio tamén afectou o tren de MD 12477 Ourense - Vigo Guixar

Un tren atropela dous xabarís e detén a circulación entre Lugo e Ourense na tarde do sábado

G24.gal 25/01/2025 20:30 Última actualización 26/01/2025 14:48

Circulan con normalidade os trens polo túnel de Redondela, que onte pola tarde comezou a arder e impediu a circulación do tren Celta que une Vigo co Porto, e outros dous de media distancia entre Ourense e Vigo. 
Os bombeiros conseguiron apagar as lapas que prenderan na estrutura de recollida de augas. 

Arredor das oito da tarde un maquinista de Renfe que saíra da estación de Guixar en dirección ao Porto percibiu antes de entrar no túnel 29 de Redondela que saía fume, polo que parou o tren e avisou a Adif que activou o protocolo antiincendios.   

 "O maquinista nun primeiro momento non sabía, fixo retroceder o tren. Adif ponse en alerta e nós quedamos á espera ata que se pon en contacto o 112 con nós porque requiren do noso traballo. Tempo despois de cortar o subministro da catenaria procedemos nós á extinción", relata Óscar Álvarez, bombeiro de Redondela

"Sabemos que o que que ardía era un recubrimento que ten o túnel polo teito e as paredes que serve para que non caia a auga", asegurou o bombeiro.

O atropelo de dous xabarís por un tren detivo a circulación ferroviaria entre Lugo e Ourense na tarde do sábado

A circulación de tres trens viuse entorpecida onte, sábado, pola tarde e quedaron detidos en distintos puntos de Lugo e Ourense, tras atropelar un deles dous xabarís.

Segundo informou Adif, o tren de longa distancia Intercity 558 Lugo-Ourense quedou detido entre Os Peares e Santo Estevo do Sil tras atropelar dous xabarís, ás 19:59 horas.

Este accidente afectou o tren de media distancia 12646 Ourense - A Coruña, que quedou detido nos Peares e ao Alvia 627 Barcelona Sants - A Coruña, detido en Monforte de Lemos (Lugo).

Unha hora antes xa quedara suspendida a circulación entre Guillarei e Redondela, por un incendio no túnel 29 entre Louredo, Valos e Redondela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade