Cargando resultados...
Xosé Velo, o Quixote que tomou un transatlántico para denunciar as ditaduras ibéricas
Xosé Velo, o Quixote que tomou un transatlántico para denunciar as ditaduras ibéricas
O 22 de xaneiro de 1961, 12 españois e 12 portugueses secuestraron o Santa María para lle falar ao mundo dos réximes de Franco e Salazar
Dous libros e tres pezas documentais recuperan a figura do celanovés, o ideólogo daquela acción
G24.gal
01/02/2025 13:35
O 25 de xaneiro de 1961 Kennedy daba a súa primeira rolda de prensa como presidente dos Estados Unidos. Naquela comparecencia tivo que falar dun barco, o Santa María. 24 homes mantiñan secuestrado aquel transatlántico co fin de chamar a ateción do mundo ante as ditaduras de España e Portugal. O ideólogo daquela operación era un galego, Xosé Velo. A súa vida é de película.