Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez valora positivamente o mercado invernal

Giráldez valora positivamente o mercado invernal

O técnico, satisfeito cos movementos realizados polo club e a chegada de Iker

G24.gal 06/02/2025 15:27 Última actualización 06/02/2025 15:33

Cinco saídas, entre elas as de Bamba ou Douvikas a última hora, e dúas chegadas, a máis destacable a de Iker Losada, foi o balance do Celta no mercado invernal, algo que deixa satisfeito a Claudio Giráldez. En declaracións á CRTVG o adestrador mostrou a súa satisfacción:

"Temos un equipo igual de competitivo que a principio de tempada e con solucións. A principio de tempada sabiamos que era longa e que era difícil que todo o mundo tivese os minutos que necesitaba".

O adestrador de Porriño entende as saídas.

"É normal que xogadores requirisen máis minutos nesta primeira volta e por aí vai un pouco o que pasou neste mercado".

O técnico celeste quere xogadores implicados no proxecto.

"Salvo Bamba, todos os xogadores que saíron é porque necesitaban e requirían máis minutos. Creo que é importante que esteamos con xogadores que queiran estar e que queiran sentirse importantes no equipo e achegarnos máis nesta segunda volta".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade