Iker Losada completa o seu primeiro adestramento co Celta
Iker Losada completa o seu primeiro adestramento co Celta
Podería debutar o vindeiro domingo fronte ao Valencia en Mestalla
Iago Aspas, na recta final da recuperación da rotura fibrilar sufrida no sóleo esquerdo, volveu a exercitarse en solitario
Iker Losada completou este venres o seu primeiro adestramento co RC Celta, co que podería debutar o vindeiro domingo fronte ao Valencia en Mestalla.
O exfutbolista do Betis exercitouse esta mañá ás ordes de Claudio Giráldez na cidade deportiva Afouteza, nunha sesión na que o lesionado Iago Aspas, na recta final da recuperación da rotura fibrilar sufrida no sóleo esquerdo, volveu a exercitarse en solitario.
Iker Losada, capitán do filial celeste con Claudio Giráldez como adestrador no campionato 2022-23, regresa ao equipo galego un ano e medio despois da súa saída ao Rácing Club de Ferrol, co que despuntou na segunda categoría. Na súa primeira tempada no fútbol profesional, o futbolista galego disputou 42 partidos na categoría de prata, nos que logrou 9 goles e repartiu 7 asistencias, o que provocou o interese de numerosos clubs de primeira.