Garcés considera que están "un pouco mellor deportivamente e bastante mellor no financeiro"
Garcés considera que están "un pouco mellor deportivamente e bastante mellor no financeiro"
Entende o malestar por non substituir a Douvikas: "Entendo a inconformidade, pero se te abrazas a unha idea, hai que asumir as consecuencias"
O director de fútbol do Celta, Marco Garcés, valorou a xanela invernal. A súa conclusión é que están "un pouco mellor deportivamente e bastante mellor no financeiro".
Explicaba, sobre todo, o primeiro punto, nun contexto de cinco saídas e só unha chegada con ficha do primeiro equipo.
"Non estamos no ideal, pero temos un plantel máis apegado aos gustos e a idea de Claudio e que nos poden contribuír co mesmo número de minutos, apreciándose en valorización tamén", sinala.
Porque a idea é que Fer López, Yoel Lago e Jones O-Adellaoui absorban os minutos de parte dos que se foron, incidindo en que o groso destes apenas participaban.
"Tadeo, Luca e Aidoo xogaron cinco minutos entre os tres o pasado semestre".
Bamba si xogou o 47,5 dos minutos e a súa substitución será Iker, que é "máis apegado ás ideas de Claudio", mentres que a "sorpresiva" marcha de Tasos Douvikas, que xogou o 36,7 % dos minutos, comentou, pode cubrirse con Pablo Durán, Borja Iglesias e Fer López.
Entende que poida haber enfado por non fichar unha substitución do grego, pero rebáteo.
"Se te abrazas a unha idea, tes que asumir as súas consecuencias. A idea que quere a xente, polo que eu entendín, é unha aposta valente de canteira, de xogadores galegos, de xogadores que representen a idea", expón.
E entende que iso implica "aceptar o valor que involucran esas decisións", subliñando que, pola súa experiencia, "traer por traer nunca sae ben".