Aumenta o número de consumidores que buscan asesores de imaxe
Aumenta o número de consumidores que buscan asesores de imaxe
Dúas emprendedoras de Vigo ofrecen servizos de asesoría para saber qué prendas mercar e sacarlle o máximo proveito
Comezan cun estudo para saber que cores favorecen máis ou que prendas se adaptan mellor á figura
Hai catro anos que Yael e Patricia crearon a súa asesoría de imaxe e o nome que escolleron da idea da súa filosofía "Sempre hai algo que poñer". Yael Rodríguez, explica algunhas das vantaxes de contratar os seus servizos: "aforran comprando roupa, tempo e van coa imaxe que queren proxectar. Dámoslles unha visión máis obxectiva de que non vai fallar co que levan"
Buscar as cores que máis favorecen a cada pel é o primeiro paso. Patricia Rico destaca que "nas nosas características temos una serie de cores que empastan ben con outras cores á hora de escoler a roupa, na maquillaxe na cor de cabelo... por iso facemos un test de cor".
Tamén saber recoñecer a silueta de cada un e dar coas prendas que mellor se axustan.Non se trata só de comprar, senon de tirar proveito das prendas que xa temos. Así define Patricia o seu servizo de análise de armario: "intentamos que ás prensas que xa teñan no armario poidan sacarlles o máximo partido. Propoñemos novas combinacións, facendolle fotos para que teñan ese recurso".
A maioría da súa clientela ven recomendada por quen xa coñece os seus servizos, tanto na procura de roupa para traballar como para celebracións.