Publicador de contidos
Publicador de contidos

Na procura de orientación académica e profesional para escoller que estudos facer

Na procura de orientación académica e profesional para escoller que estudos facer

A Feira de Orientación Universitaria da Coruña conta con vinte expositores de universidades, centros de formación superior ou mesmo das Forzas Armadas e Corpos e Forzas de seguridade

G24.gal 31/01/2025 20:35

O alumnado de Bacharelato e último curso da ESO procura orientación académica e profesional.

"É importante para ver como é a cousa e eu que son estudante estranxeira podo ver se hai algunha cidade que me interese para irme". "Nós traballamos con eles xa desde 4º da ESO a través de cuestionarios para ver o seu talento, as súas cualidades e habilidades para axudarlle na súa toma de decisións", explica María José Bragaña, orientadora educativa do Colxio Franciscanas Sagrado Corazón da Coruña

Este centro organizou por segundo ano a súa Feira de Orientación Universitaria. Entre vinte expositores hainos de universidades, entre elas as públicas galegas; centros de formación superior e tamén das Forzas Armadas e Corpos e Forzas de seguridade.

"Eu teño claro que quero opositar para bombeiro aquí na Coruña". "Eu quero facer Psicoloxía pero aínda non sei en que especialidade". "Bombeiro, garda civil ou policía nacional porque a miña idea é estudar unha carreira e logo opositar", din algúns dos aspirantes.

"O que pretendemos é achegarlles o máximo de información para que eles poidan tomar moito mellor as súas decisións académicas", puntualiza Sheyla Lago, outra das orientadoras do colexio.

"A min axudoume moito a saber que non quería facer unha carreira e que quería guiarme máis pola Formación Profesional". "Ao final tomei a decisión de estudar a carreira de Dereito e logo facer un master ou especialización no que máis me guste", conta unha alumna.

Porque contar coa información axeitada, sempre facilita a toma de decisións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade