Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cheo de visitantes no Cebreiro grazas á neve e ao tempo solleiro

Cheo de visitantes no Cebreiro grazas á neve e ao tempo solleiro

Prevese unha ocupación hoteleira do 70 por cento, coas reservas ao tope nos restaurantes

Movemento inusual de visitantes no centro do Cebreiro
Félix Aragunde 31/01/2025 20:35 Última actualización 31/01/2025 20:41

A combinación de neve acumulada e tempo solleiro está a atraer numerosos visitantes ao Cebreiro. Chegados de todo o país e tamén de fóra de Galicia, grupos de amigos, familias ou parellas acoden para gozar da paisaxe branca que rodea as pallozas do lugar.

José López Valiña, Artesanía Grial: "Empezou a chegar a xente agora, hai máis movemento, e sobre todo espérase moita xente para mañá. É sábado e os pequenos queren ir á neve e tirarse cunha zorra, que é o típico destas datas".

O sector hostaleiro prevé unha alta ocupación do medio cento de prazas que hai a día de hoxe no Cebreiro. E outro tanto acontece nos restaurantes, coas reservas ao tope.

Mari Carmen Arias, Venta Celta: "Vai haber moita xente. Hai moitas chamadas, para mañá e para o domingo".

José Luís López, Casa O Cebreiro: "O restaurante xa o temos ompleto de reservas, e sobre o 70 por cento dos cuartos están ocupados. Preséntase unha fin de semana de moita xente".

Aínda cos dormitorios e cos comedores cheos, no Cebreiro agardan unha avalancha de hóspedes e de comensais para esta fin de semana.

As pallozas ou as paisaxes nevadas son algúns dos reclamos turísticos das serras orientais As pallozas ou as paisaxes nevadas son algúns dos reclamos turísticos das serras orientais
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade