Publicador de contidos
Publicador de contidos

A economía galega continúa o seu crecemento cun aumento do 3,5 %, segundo o Indicador Abanca

A economía galega continúa o seu crecemento cun aumento do 3,5 %, segundo o Indicador Abanca

O informe dos expertos destaca o "bo" avance da matriculación de vehículos, así como do sector industrial

O informe destaca o bo comportamento do sector da automoción O informe destaca o bo comportamento do sector da automoción
G24.gal 31/01/2025 19:43

O Foro Económico de Galicia presentou este venres os últimos datos do Indicador Abanca, que reúne datos conxunturais da actividade económica galega, tras rexistrar un 3,5 por cento máis en novembro, un incremento que constata o bo comportamento da economía galega.

Coincidindo co ecuador do último trimestre, os expertos que elaboran este indicador puxeron en valor o crecemento do 3,4 por cento no últimos tres meses e un 3,2 % no primeiros once meses do ano e, en particular, destacaron o "bo" avance da matriculación de vehículos así como do sector industrial.

Por sectores, "sobresae" o comportamento do sector da automoción xunto coa "boa marcha" da cifra de negocios na industria.

Unha tendencia parella á estimación do crecemento do PIB galego realizada polo Instituto Galego de Estatística e de España recentemente actualizado polo Instituto Nacional de Estatística (3,2 % interanual no conxunto de 2024).

Tan só catro variables rexistraron un crecemento negativo, e entre as que presentaron un mellor comportamento está a matriculación de vehículos turismo cun incremento superior ao 10% interanual e o sector industrial, que rexistrou unha tendencia favorable con crecemento superior ao 5 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade