Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta lanza o Plan FPGal360 para atallar o abandono escolar e atraer persoas con baixa cualificación

A Xunta lanza o Plan FPGal360 para atallar o abandono escolar e atraer persoas con baixa cualificación

Busca que o fracaso escolar tenda a cero, que o cen por cento do alumnado siga formándose e que os que queiran mellorar as súas competencias poidan facelo

Reforzará a FP básica, ofrecerá novos itinerarios personalizados, orientación vocacional desde a última etapa de Primaria e formación aliñada coas necesidades do mercado

En Galicia hai máis de 10.000 mozos entre os 16 e os 18 anos fóra do sistema educativo; este plan pretende recuperalos, identificar as súas habilidades e guialos

G24.gal 24/01/2025 14:35

A Xunta de Galicia lanza o Plan FPGal360, que chega con 60 medidas cun obxectivo claro: que o fracaso escolar tenda a cero, que o cen por cento do alumnado siga formándose, cando menos ata os 18 anos e que os que queiran mellorar as súas competencias poidan facelo.

Está destinado aos 230.000 alumnos que xa están no sistema educativo galego, aos que o deixaron antes de acabar e agora teñen entre 24 e 34 anos e a todos os que queiran mellorar a súa cualificación laboral.  

O plan reforzará a FP básica, ofrecerá novos itinerarios personalizados, orientación vocacional desde a última etapa de Primaria, formación aliñada coas necesidades do mercado e especial atención a colectivos como os novos galegos que chegan do estranxeiro ou persoas con discapacidade.

O conselleiro de Educación explicou que en Galicia hai máis de dez mil mozos entre os 16 e os 18 anos fóra do sistema educativo. Román Rodríguez dixo que este plan pretende recuperalos, identificar as súas habilidades e guialos.

O sistema incorpora a intelixencia artificial. Unha aplicación en que OPI, un asesor virtual, tamén poderá orientar e asesorar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos