A Rúa homenaxéase con 850 quilos de lomedro na súa festa
A Rúa homenaxéase con 850 quilos de lomedro na súa festa
1.200 comensais xúntanse no pavillón municipal nunha das citas festeiras máis agardadas no concello
A festa xurdiu de xeito casual hai dezasete anos por iniciativa dun grupo de amigos, logo dun xantar precisamente con ese produto, semellante ao lacón, que non é propio da gastronomía local
850 quilos de lomedro, 200 de chourizo, 200 de patacas e grelos servíronse nesta nova edición da festa do lomedro, un evento gastronómico que naceu hai dezasete anos de xeito anecdótico por un acordo entre amigos, que botaban en falta unha gran xuntanza popular no concello, durante un xantar precisamente arredor dun produto que non é propio da gastronomía local.
Dende entón a festa foi medrando ata hoxe. 1.200 comensais participaron no evento celebrado no pavillón municipal. Cen son autoridades e convidados e as 1.100 prazas restantes puxéronse á venda por 25 euros o prato. En apenas dúas horas esgotáronse.
Ademais do xantar, a festa serve tamén de ocasión para lembrar e render homenaxe a persoas e entidades senlleiras na vida do concello da Rúa e da comarca de Valdeorras. É o caso da empresa Autoneum, que celebra 20 años de actividade na Rúa, ou o do artista polifacético José Luis Prieto "Lilí", veciño das Ermidas (O Bolo), falecido hai agora un ano.