Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ultiman a ceba dos capóns de Vilalba poucos días antes da feira

Ultiman a ceba dos capóns de Vilalba poucos días antes da feira

Sacrifícanse aos 8 meses, cun peso que vai dos catro quilos e medio aos sete

O seu prezo oscila entre os 120 e os 140 euros

G24.gal 09/12/2024 13:40

Oliva prepara con esmero unha amasada de pataca cocida e millo para alimentar os seus capóns. Esta criadora de Goiriz cría este ano 170 animais e agora ultima o seu proceso de ceba tras uns longos coidados que comezaron hai meses.

"Chegan con catro semanas e dúas despois castrámolos. Están ao aire libre e contra o mes do San Martiño é cando os metemos na capoeira", explica a criadora de Goiriz Oliva Souto.

Os animais sacrificaranse entre un ou dous días antes da tradicional feira, que conta con preto de 200 anos de historia, e que este ano se celebrará o vindeiro 21 de decembro. 

Os animais chegan á feira con oito meses e un peso que oscila entre os catro quilos e medio e os sete. Adoitan venderse a un prezo que vai dos 120 aos 140 euros pero na feira, ante a elevada demanda, hai capóns que se venden ata en 180 euros.

Pero a maior parte destes animais non a pisarán, xa que teñen tanta demanda que os encargan dende diversos puntos de España.

"Mandamos capón de Vilalba para calquera punto de España, é moi demandado e temos clientes de moitos anos".

"Vén xente de toda España comprar o capón, e moitos xa o deixan encargado dun ano para outro".

Un manxar típico que presidirá moitas mesas este Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade