Publicador de contidos
Publicador de contidos

Castro de Rei acollerá unha nova edición da Expoexaltación Galiña de Mos

Castro de Rei acollerá unha nova edición da Expoexaltación Galiña de Mos

Unha raza autóctona que foi recuperada

Destaca a calidade da súa carne e dos seus ovos

G24.gal 23/10/2024 14:14

Entre o canto dos galos e o cacarexar das galiñas discorre a xornada dun galiñeiro do concello lugués de Castro de Rei, pero non é un galiñeiro ao uso, aquí crían a raza galiña de Mos, unha raza autóctona de gran sona e prestixio.

"No ano 1936 adquiriron uns ovos aquí e a partir deles conseguiron recuperar a raza que estaba en extinción", conta o criador José Carlos Silvosa.

Visualmente destacan polo seu volume e a súa cor, pero a nivel gastronómico destacan polo sabor e a calidade dos seus produtos, cada vez máis demandados tanto por particulares como dende a alta cociña.

"Os ovos son riquísimos e a carne é baixa en graxa. Son unhas galiñas que se adaptan moi ben ao clima galego e a súa carne é moi saborosa", sinala José Carlos Silvosa.

Aínda que o galiñeiro estea alborotado, á hora de comer faise o silencio. Aliméntanse a base de millo e trigo e sacrifícanse aos dez meses. Coma todo produto de referencia, teñen tamén a súa feira de exaltación con mostra de animais, premios para os mellores exemplares e un bo xantar.

A gran festa da galiña de Mos terá lugar o domingo na campo da feira de San Xiao de Mos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade