A Facultade de Veterinaria de Lugo chega aos 40 anos convertida en referente estatal
A Facultade de Veterinaria de Lugo chega aos 40 anos convertida en referente estatal
En só catro décadas conseguiron os certificados de calidade internacional
Participan en 16 proxectos punteiros de investigación
Das súas aulas saíron xa 4.500 veterinarios titulados
Unhas instalacións de 50.000 metros cadrados, 670 alumnos, 90 docentes, participación en 16 proxectos punteiros de investigación en referencia competiva... Son algunhas das cifras que definen hoxe a Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo. Pero a situación era moi diferente cando foi creada hai agora 40 anos. Empezou como un recurso auxiliar e non se sospeitaba que podería chegar tan lonxe.
Pero a principal actividade é a formación. Sen perder de vista ese obxectivo, os métodos docentes foron cambiando e hoxe a parte práctica ten moito máis peso que a teórica. As visitas as explotacións son constantes para ter un contacto directo con quen van precisar dos servizos dos futuros veterinarios. Ademais, a facultade conta con recursos innovadores como o laboratorio de habilidades clínicas e a aula virtual onde se consegue recrear o máis parecido o que vai ser o seu ambiente de traballo.