Publicador de contidos
Publicador de contidos

O contacto con animais mellora as capacidades cognitivas e comunicativas

O contacto con animais mellora as capacidades cognitivas e comunicativas

Persoas con discapacidade intelectual fan terapia con burros en Ourense

G24.gal 24/10/2024 15:47

O contacto con animais, dentro dun programa terapéutico, mellora as capacidades físicas, cognitivas e comunicativas.

Sábeno ben os usuarios da residencia de persoas con discapacidade de Aspanas, na Peroxa, que este xoves foron os beneficiarios da terapia con burros da Asociación Andrea. 

"Hai moitas investigacións que demostran que o contacto con animais en contornos naturais son beneficiosos para as persoas, tanto a nivel psicomotriz como emocional ou de comunicación", Di Elsa Pérez, psicóloga da Asociación Andrea.

E dende Aspanas corroboran o efecto positivo da terapia.

"É unha gozada ver como foron avanzando dende o primeiro día ata agora. O primeiro día que chegamos aquí, unha das mozas non quería achegarse nin a eles e agora chega e vai directamente cara o mesmo animal. Para min foi incrible o vínculo que se creo entre ela e esa burra", comenta unha educadora social de Aspanas.

"Cando falamos con persoas con outras capacidades realmente si que teñen outras capacidades que nós a simple vista non podemos captar.  E cando levas tempo traballando con elas daste de conta de que crean vínculos que outras persoas non son capaz de crear".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade