Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Aquarium Finisterrae recupera a Aventura coas focas

O Aquarium Finisterrae recupera a Aventura coas focas

Os participantes preparan a comida e axudan a alimentar as once focas da Casa dos Peixes

G24.gal 26/10/2024 14:44

As prazas esgotáronse en apenas cinco minutos. O Aquarium Finisterrae da Couña recuperou unha das actividades máis queridas polo público: Aventura coas focas, unha ocasión inmellorable para achegarse a estes mamíferos mariños coa mirada dos acuaristas que coidan deles cada día.

Despois dunha breve charla introdutoria, os nenos preparan as racións para as once focas que habitan no Aquarium Finisterrae, un menú adaptado ás necesidades da cada exemplar a base de xardas, arenques e capelíns. A continuación lévanlles o xantar en cadansúa neveira. Nunca antes puideran velas tan preto.

"Pedímoslles aos visitantes que non se movan, que estean sentados porque a nosa actividade non é un espectáculo, é unha actividade que busca a educación  o respecto e,  sobre todo, o benestar animal", explica Francisco Armesto, director técnico do Aquarium Finisterrae.

Observan detalles inéditos para eles, os dentes tipicamente carnívoros, as garras das aletas dianteiras, e descobren curiosidades, coma que estes mamíferos mariños, torpes en terra e elegantes e veloces baixo a auga, poden aguantar a respiración máis de corenta minutos.

Xa non quedan prazas para a Aventura coas focas ata finais de ano, pero en xaneiro haberá unha nova oportunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade