Publicador de contidos
Publicador de contidos

Facer o Camiño de Santiago con cans, adaptando as etapas a preservando o benestar dos animais

Facer o Camiño de Santiago con cans, adaptando as etapas a preservando o benestar dos animais

Desde a Asociación Protectora de Animais do Camiño apelan a que se faga con responsabilidade e organizando ben a viaxe

No documental Os valores no Camiño abordan a situación dos animais no Camiño e o problema do mascotismo

G24.gal 02/11/2024 15:06

Cada vez son máis os peregrinos que emprenden o Camiño de Santiago cos seus cans... Están a chegar a Compostela uns 5.000 ao ano. Desde a Asociación Protectora de Animais do Camiño apelan a que se faga con responsabilidade, organizando a viaxe e adaptando as etapas do camiño a preservar a saúde e o benestar dos propios animais.

"Unha persoa pode facer unha etapa de 30 quilómetros pero un can ao mellor non, pode estar ferido pero el vai seguir. Un dos problemas unha imprudencia é facer o Camiño en días con moita calor. Moitos cans acaban coas plantas das patas queimadas e con queimaduras na pel", di Raquel Freiría, voceira da Asociación Protectora de Animais do Camiño (APACA).

Desde a Asociación denuncian que o Camiño de Santiago non ten recursos adecuados para facer a andaina con can.

 "O máis importante de todo é que non hai servizos de emerxencias para as persoas que veñen con cans ou para os propios cans", engade.

Estas son imaxe do documental Os valores no Camiño, da Asociación Protectora de Animais do Camiño, onde abordan a situación dos animais no camiño e o problema do mascotismo.

"O 60 % dos peregrinos que veñen dos que contactan con nós pois veñen cos cans mercados", destaca.

Unha vez rematada a andaina, os cans tamén poden acadar a credencial canina, moi semellante á credencial do peregrino, unha iniciativa do ano 2018 da Asociación Protectora de Animais do Camiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade