Máis de 20 empresas con produtos galegos nunha feira gastronómica de Barcelona
Máis de 20 empresas con produtos galegos nunha feira gastronómica de Barcelona
A Xunta conta co seu propio expositor para promover o produto local no Gastronomic Forum Barcelona
No evento participan 130 chefs, entre os que se atopan os galegos Lucía Freitas e Brais Piche
Máis de 20 empresas con produtos galegos de calidade promoven a gastronomía do país nesta XXV edición do Gastronomic Forum Barcelona.
Para seguir situando a gastronomía galega no mapa mundial, a Xunta conta ademais cun expositor propio no que, con 15 demostracións en vivo, amosarán aos milleiros de visitantes experiencias culinarias únicas
No Gastronomic Forum Barcelona participan 130 chefs, entre eles os galegos cunha estrela Michelin Lucía Freitas, da Tafona, en Santiago, e Brais Piche, do Terra, en Fisterra. En total, 350 empresas están presentes cunha idea central: repensar a restauración para adaptala aos desafíos actuais.