Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Campelo, Poio, celébrase unha nova edición da Festa da Ameixa

En Campelo, Poio, celébrase unha nova edición da Festa da Ameixa

G24.gal 19/10/2024 19:15

En Campelo, no concello pontevedrés de Poio, está unha das lonxas da ría de Pontevedra e durante toda a fin de semana enxalzan un dos seus moluscos: a ameixa.

"O menú: ameixas á mariñeira, ameixas con fideos ou ameixas con arroz. De prezo, ben. A 9,50 á mariñeira e a 8,50 con fideos e con arroz".

 

Diferentes preparacións para unha ameixa xaponesa que, segundo explicaron os organizadores da festa na véspera, foi recollida nos bancos da ría. O tempo desapracible desanimou algunha xente e fixo que outros optasen por levar a comida para a casa.

 

"Ou mal tempo ou ameixa, non hai máis que dicir. Aquí non chove".

 

Actuacións musicais e actividades de animación para a cativada forman parte dunha festa que continúa este domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade