Cargando resultados...
San Cibrao enxalza o ourizo, un marisco cada vez máis apreciado
A localidade de Cervo celebra a XXXII edición da festa deste marisco, declarada de interese turístico galego
G24.gal
15/03/2025 21:26
Última actualización 15/03/2025 22:00
San Cibrao, no concello de Cervo, acolleu este sábado a XXXII edición da Festa do Ourizo, declarada de interese turístico galego. Este marisco conta cun gran número de adeptos e iso nótase na carpa.
O sabor intenso a mar, único e suave, que teñen os ourizos da costa galega débese á súa dieta, que se basea, sobre todo, nas algas. Agora, é a mellor época para degustalo.
Admite unha gran variedade de preparacións pero tamén se toma cocido ou cru. O seu prezo varía en lonxa, pero chegou aos 17 euros, quince veces máis que hai vinte anos.