Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lestedo celebra a festa das 100.000 filloas, declarada de Interese Turístico Nacional

Lestedo celebra a festa das 100.000 filloas, declarada de Interese Turístico Nacional

A celebración estrea este distintivo honorífico na súa 42ª edición

G24.gal 09/03/2025 15:11 Última actualización 09/03/2025 17:29

Desde as oito da mañá, as filloeiras non paran de fumear en Lestedo, a un ritmo de 2.000 filloas por hora.

"Dá vertixe falar de números, pero pasamos das 100.000", asegura Xosé Manuel Lobato, voceiro da Asociación da Filloa de Lestedo.

"Colaboramos toda a parroquia, todos os que poden".

Hainas para todo os gustos: tamén á pedra, salgadas ou con todo tipo de recheos.

"De chourizo, de rixóns... hai que deixar voar a imaxinación... e iso vaino haber aquí", di Xosé Manuel Lobato, voceiro da Asociación da Filloa de Lestedo.

Despois de 42 anos, estréase nesta edición como Festa de Interese Turístico Nacional, unha celebración que non é só gastronómica.

"Temos o desfile dos xenerais da Ulla e os atranques. Está previsto que veñan 50 xenerais a cabalo", aseguran desde a organización.

Durante toda a xornada, as filloas poden degustarse nas carpas instaladas no campo da feira de Lestedo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade