Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sábado de Piñata en Xinzo de Limia co xogo da cucaña e o baile dos capuchóns

Sábado de Piñata en Xinzo de Limia co xogo da cucaña e o baile dos capuchóns

Na vila limiá despois de cinco semanas de Entroido aínda quedan ganas de festa

A xornada comeza con charangas de mañá e continúa con xogos e disfraces 

G24.gal 08/03/2025 21:38 Última actualización 08/03/2025 22:08

Se pensaban que o Entroido xa acabara co enterro da sardiña... pois aínda hai vilas que seguen festexando o sábado e o domingo de piñata. É o caso de Xinzo de Limia, onde teñen o ciclo do Entroido máis longo da Península, cinco semanas despois alí seguen disfrazados. Esta noite teñen baile de capuchóns e máscaras.  

A tarde fría e de chuvia quentárona en Xinzo xogando á cucaña. Tras un par de intentos errados uns valentes mozos de Parada conseguiron agatuñar e fixéronse co xamón.

Xogando e coa recuperación dos capuchóns tradicionais celebran o sábado de Piñata. Os máis animados pola tarde foron unha parella de cativos... E pouco a pouco ían chegando máis encapuchados con ganas de festa.

E aínda queda o desfile de Entroido no Carballiño e a Festa da Cachucha, e o domingo de piñata en Xinzo, con máis xogos, disfraces e pode que algunha pantalla saia a despedir o Entroido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade