Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cospeito confírmase como a capital da maquinaria agrícola usada

Cospeito confírmase como a capital da maquinaria agrícola usada

Feira do Monte xuntou milleiros de interesados na maquinaria de segunda man, na artesanía e nas antigüidades

G24.gal 27/04/2025 19:45 Última actualización 27/04/2025 23:11

Feira do Monte, a capitalidade do concello de Cospeito, xuntou esta fin de semana milleiros de visitantes coa celebración da XXXIV edición da Feira da Maquinaria Usada, da Artesanía e das Antigüidades.

Foi unha ocasión moi boa para vender, mercar e, tamén, para "facer contactos" para futuros negocios, segundo nos comentaron varios dos expositores.

En total houbo unha vintena de postos de maquinaria agrícola de segunda man, unha trintena de postos de antigüidades e uns corenta postos de artesanía.

O sol que houbo este domingo axudou a que a xente se animara a ir, pero tamén fixo que moitos gandeiros aproveitasen para facer labores agrícolas como o ensilado, polo cal notouse a súa falta na feira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar