Cargando resultados...
Falece en Arousa aos 72 anos o escultor César Lombera
Falece en Arousa aos 72 anos o escultor César Lombera
Unha das súas obras máis icónicas é As dúas Marías que loce na Alameda de Santiago
G24.gal
26/01/2025 21:37
Última actualización 26/01/2025 21:53
O escultor César Lombera Moret morreu este domingo aos 72 anos de idade. Unha das súas obras máis icónicas é a das irmás Fandiño, As dúas Marías, situada na Alameda de Santiago.
Tamén son coñecidas a estatua de Valle-Inclán, da praza Méndez Núñez de Pontevedra, e a do Marqués de Sargadelos en Ribadeo.
Lombera naceu en Barakaldo no 1953, pero trasladouse a Vilagarcía de Arousa coa súa familia aos dez anos. Vivía e tiña o seu estudio en Catoira. Hoxe faleceu tras unha longa enfermidade.