Publicador de contidos
Publicador de contidos

O cocido, a comida favorita do inverno

O cocido, a comida favorita do inverno

En Lalín xa están inmersos no seu mes do cocido, unha das comidas tradicionais do inverno que serve para xuntar amigos e familiares

G24.gal 26/01/2025 20:47

Coa baixada de temperaturas e o inverno, o cocido gaña protagonismo nas mesas, aínda que hai quen o come todo o ano. Nesta época é un pretexto para xuntarse cos amigos ou veciños. Como fixeron este domingo na parroquia de Corzáns en Salvaterra de Miño. Pero onde están xa en pleno mes do cocido é en Lalín.

"Na nosa zona, o cocido é a galiña dos ovos de ouro. Non sei que pasará se nos falta."

Por diante hai un mes de moito traballo nas cociñas para atender os numerosos comensais que se achegan ata aquí, sobre todo as fins de semana. Nas potas, carne de porco, galiña, patacas, garavanzos e grelos. 
 

"O segredo dun bo cocido é a materia prima. Adoitamos usar carne bastante curada e afumada, a cacheira e o lacón e a costela. Unha pataca boa, chourizos bos de carne e de cebola. Unha boa desalgadura de tres ou catro días. E logo a cocer, todo xunto ou por separado".

Obrigado reservarse para as sobremesas, tan tradicionais como o resto do menú. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade