Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres buques da Armada deixan Ferrol para sumarse a misións da OTAN no Mediterráneo

Tres buques da Armada deixan Ferrol para sumarse a misións da OTAN no Mediterráneo

As previsións meterolóxicas adversas adiantaron un día a saída das fragatas Blas de Lezo e Álvaro de Bazán e do BAC Patiño

G24.gal 25/01/2025 21:19 Última actualización 26/01/2025 11:43

Tres embarcacións da Armada deixaron esta tarde a súa base en Ferrol. Nas próximas semanas as fragatas Blas de Lezo e Álvaro de Bazán e o buque de apoio BAC Patiño integraranse en diferentes operativos despregados pola OTAN en augas do Mediterráneo.

BAC Patiño vaise integrar nunha das agrupacións navais permantentes da Alianza Atlántica para dar apoio loxístico aos buques  despregados no Mediterráneo. Partiu desde o Arsenal de Navantia cunha dotación de preto de cento trinta homes e mulleres e cun cargamento de sete millóns de litros de combustible. Teñen por diante tres meses e medio de navegación. 

O Patiño sumarase á misión Noble Shield, na que tamén se integrará a partir do seis de febreiro a fragata Álvaro de Bazán. Nunha fase previa, e xunto coa fragata Blas de Lezo, incorporarase ao do Grupo de Combate Expedicionario Dédalo, liderado polo Buque de Proxección Estratéxica Juan Carlos I.

Foi unha tarde de despedidas por triplicado en Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade