Os Estados Unídos pídenlle a España que aumente o seu gasto en defensa
Os EUA expresan o “desexo” de que España chegue a investir un 2 % do seu PIB en gasto militar "canto antes"
.png)
O subsecretario de Estado dos EUA, Christopher Landau, "fixo un chamamento a España para que aumente o seu gasto en defensa de acordo con os seus compromisos coa OTAN". Esta petición fixérona durante a conversa mantida co secretario de Estado español de Asuntos Exteriores e Globais, Diego Martínez Belío, segundo aparece na nota de prensa difundida na web do Departamento de Estado norteamericano.
Na nota difundida polo Departamento de Estado norteamericano indica que "o subsecretario Landau reafirmou a fortaleza da asociación entre os Estados Unidos e España e falaron sobre o afondamento dos nosos lazos nunha ampla gama de intereses mutuos".
Da conversa entre ambos os diplomáticos, a nota menciona o "fortalecemento da cooperación en materia de migración", capítulo no que España ten desde 2023 un acordo cos Estados Unidos para recibir migrantes latinoamericanos de forma legal e frear así as chegadas de migrantes por vía irregular aos Estados Unidos
Os Estados Unidos súmanse coa súa referencia ao aumento de gastos en defensa á petición esta semana do secretario xeral da OTAN, Mark Rutte, quen se referiu ao “desexo” de que España chegue a investir un 2 % do seu PIB en gasto militar “canto antes” nunhas declaracións en Varsovia, que levaron o Goberno de España a puntualizar que aínda non teñen ningún compromiso concreto.
