Os 'charms' ou a moda de colgar monecos de peluche e plástico e xoias nos bolsos e mochilas
Os 'charms' ou a moda de colgar monecos de peluche e plástico e xoias nos bolsos e mochilas
Aquelo de customizar os complementos que naceu nos anos dousmil volve estar de plena actualidade
Probablemente se teñan fixado que os adolescentes levan colgados nas súas mochilas monecos e peluches e que os adultos levan tamén pendurados nos bolsos distintos accesorios. Chámanse "charms" e están moi de moda. A tendencia dos anos dousmil de personalizar a roupa volve á rúa grazas ás celebridades das redes sociais.
Na tenda "Miss complementos" de Alicia só lle quedan uns poucos "charms". Estos monecos de peluche ou plástico para colgar nos bolsos e mochilas son un dos produtos máis vendidos hoxe. Son complementos para os complementos que os converten en exclusivos e únicos.
"Darlle o teu toque, o teu toqu personal. E dis, a min gústame o estilo manga, e podes usar un moneco de unicornio, ou kuromi, que é unha persoanxe de Hello Kitty", conta Alicia Rouco, da tenda Miss Complementos.
Das redes ás tendas e das tendas á rúas. Aquelo de customizar os complementos que naceu nos anos dousmil volve estar de plena actualidade grazas a Rosalía, Dúa Lipa, Paris Hilton e toda a recua de youtubers instagramers e tiktokers. Ademáis dos charms o último último son os "sonny angels" para poñer nos móbiles e ordenadores.