Publicador de contidos
Publicador de contidos

É tempo de catiúscas

É tempo de catiúscas

Aumentan as vendas de botas de auga nestes días tan chuviosos e desapracibles

G24.gal 29/01/2025 14:07

Tras moitas xornadas de fortes ventos e precipitacións intensas, esta mañá pódese comprobar que un día de chuvia si inflúe no comportamento dos consumidores. "Hoxe subín á facultade e acabei empapada. Estou farta de mollar os pés, así que vin mercar unhas catiúscas".

"Ao final, unha bota de pel... se chove moito, a auga acaba entrando. Entón piden moitos catiúscas", explica Lucía García Monteagudo, xerente de Calzados Yolanda.

Son botas de auga que co paso do tempo foron cambiando tanto de deseño como de materiais. A súa orixe remóntase ao 1817, hai xa 208 anos. Malia que non foi ata o 1931 cando fixeron acto de presencia en España. E o caso é que viñeron para quedar. "En Galicia son imprescindibles, co tempo que temos".

Pero tamén é certo que hai quen se resiste a mercalas. "Non son do meu estilo". "Non son cómodas".

Pero quen si as usa vai convencido con elas. "Hai incluso quen as pon os días que non chove", engade Lucía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade