Un condutor esnáfrase co coche contra un escaparate en Vigo e foxe do lugar
Un condutor esnáfrase co coche contra un escaparate en Vigo e foxe do lugar
O sinistro ocorreu na avenida da Florida a unha hora moi concorrida
En Vigo un coche a toda velocidade impactou contra unha tenda de lambetadas nun momento en que a rúa estaba chea de xente.
Aínda non eran as nove da noite cando na avenida da Florida impactou un coche a toda velocidade.
O vehículo levou un colector por diante, a uns vinte metros do seu sitio, ata espetarse contra o escaparate da tenda. Estragouno todo, un cristal de case 3x3 metros e todo o escaparate.
O condutor levou tamén por diante unha árbore e fuxiu inmediatamente do lugar do accidente. Puido ser unha traxedia porque pouco antes esa mesma esquina estaba ateigada de xente.
De feito houbo varios veciños que se libraron por pouco de ser atropelados polo coche.
A policía investiga o accidente á procura do condutor do vehículo, un Fiat negro que perdeu parte da matrícula coas tres letras no lugar dos feitos.