O Rácing apura o mercado coas fichaxes de Héber e Insúa
O Rácing apura o mercado coas fichaxes de Héber e Insúa
O xogador ferrolán afrontará a súa cuarta etapa no club, despois dun breve paso polo Vizela portugués
Insúa é un lateral esquerdo de 33 anos que xogaba no Banfield
A última xornada do mercado invernal de fichaxes tráenos unha actividade frenética no Rácing de Ferrol co regreso a casa de Héber Pena e a incorporación de Emanuel Insúa.
O xogador ferrolán afrontará a súa cuarta etapa no club (co que rematou contrato o pasado verán), despois dun breve paso polo F. C. Vicela portugués.
Cunha dilatada traxectoria no fútbol nacional, antes da súa última saída, Héber Pena (16 de xaneiro de 1990) completou tres exitosas campañas vestindo a camiseta racinguista, a última das cales convertido nun dos principais activos na mellor primeira volta da súa historia no fútbol profesional.
Agora regresa á casa para achegar velocidade, desborde, maior presenza ofensiva e liderar o equipo neste tramo decisivo do campionato.
💚 Benvido a casa, Heber.
— Racing Club Ferrol (@racingferrolsad) February 3, 2025
📰 https://t.co/7zhdeRqFxt#éunsentimento #sempreverdes #onortedonorte #somosdeferro pic.twitter.com/rARjlbNJZI
Emanuel Insúa, un lateral esquerdo arxentino
Insúa é un lateral esquerdo de 33 anos que chega procedente do Banfield arxentino. Un xogador con moita experiencia, formado en Boca Júniors e que xogou na Liga vestindo a camisola do Granada. Tamén ten un paso polo fútbol grego no Panathinaikos.
Coas incorporacións de Héber e Insúa o Rácing incorpora xogadores veteranos e que coñecen ben a competición e saben moverse en situacións complicadas.