Gelardo: "A forma de xogar do Racing vai cambiar con Menéndez"
Gelardo: "A forma de xogar do Racing vai cambiar con Menéndez"
O xogador destaca que no vestiario a xente está ben
A chegada de Alejandro Menéndez ao banco do Racing de Ferrol abriu unha nova etapa no equipo. Todo indica que se aveciñan cambios, que o xogo do Racing vai cambiar e así o aseguran os xogadores cando arrinca a segunda semana do técnico asturiano no equipo ferrolán.
"Desde a chegada de Alejandro Menéndez están a cambiar moitas cousas, mesmo que aínda nos restan por diante moitas máis cousas que variar. O bo desta semana é que o partido non se disputa ata o luns, polo que será unha semana longa de traballo. Temos que ir collendo conceptos do que quere o míster e que aos poucos nos vaian saíndo as cousas", asegura Aitor Gelardo.
O xogador destaca que no vestiario a xente está ben.
"Estamos contentos porque vemos que se están tentando cambiar as cousas. Vese nos adestramentos e a verdade é que todos estamos confiados e con ganas de que chegue o partido do luns contra o Levante".
Gelardo destaca que o aprazamento do partido contra o Burgos lle veu ben ao Racing de Ferrol.
"Tivemos máis tempo para traballar a forma de xogar que quere o míster. Por iso puidemos traballar con el a metade da pasada semana e toda esta. Ter tempo co adestrador permitiu que a asimilación dos novos conceptos futbolísticos non fose tan de présa. Son moitas mensaxes, moita información e é máis difícil asimilalo cando tes menos tempo por diante".