Publicador de contidos
Publicador de contidos

Naïm García reforza o ataque do Rácing

Naïm García reforza o ataque do Rácing

O futbolista chega cedido desde o Leganés ata o final da tempada

G24.gal 21/01/2025 13:12 Última actualización 21/01/2025 13:16

Naïm García (Madrid, 11/08/2002) incorpórase á disciplina do Rácing Club Ferrol ata final de tempada. O futbolista, que chega en calidade de cedido desde o C. D. Leganés, ocupa a demarcación de extremo. Aínda que é zurdo, pode xogar en ambas as bandas. Con bo caneo e disparo, chega para reforzar o ataque da escuadra verde.

Formado nas categorías de base do Real Madrid, Naïm recalou na tempada 21/22 no C. D. Leganés, onde desenvolveu gran parte da súa carreira con breves cesións na Ponferradina e no Barcelona Athletic.

A pesar de ter tan só 22 anos, o futbolista conta con experiencia en LALIGA Hypermotion, na que disputou 65 partidos, con 2.284 minutos; e nos que anotou catro goles.

A tempada pasada, como xogador do filial barcelonista, no que recalou na segunda volta para disputar o campionato de 1ª RFEF, Naïm García interviu en 16 partidos (1.242 minutos) e anotou 4 goles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos